Sunday 28 de April de 2024

Alternativa denuncia novamente a deixadez da Concelleira de Medio Ambiente pola pésima xestión no control de residuos urbanos


“Cambre estase a converter nunha escombreira”

Dende Alternativa dos Veciños lévase denunciando esta situación en numerosas ocasións, en plenos
e comisións, sen que a Concelleira de Medio Ambiente, Mobilidade e Sanidade, do PSOE, responsable do bo funcionamento da recollida de lixo faga nada, nin un simple seguimento das incidencias manifestadas por este grupo. A comezos desta lexislatura dubidabamos que o aumento do número de asesores axudaría a un mellor funcionamento do concello, o tempo dános a razón.